Compromiso voluntario

Os voluntarios e voluntarias aprenden valores e medran día a día co seu compromiso mentras axudan a quen o necesita. Actúan sempre baixo os Principios Fundamentais e os valores humanitarios que promove o Movemento Internacional da Cruz Vermella e a Media Lúa Vermella. Axudar a outros achega un beneficio claro ao voluntariado, pero sen dúbida, convérteo no protagonista de realidades próximas e cotiás permitindo mellorar as condicións de vida dos máis vulnerables.